Albanel e empresa de construción en Vedra · Santiago · Teo · BoqueixónFormigón,pedrae oficio.
Encofrados, muros, cimentacións, obra nova e reformas na comarca de Santiago. Traballo ben feito, a prumo e a nivel, dende Vedra.
- +44anos de oficio
- 160concellos a menos de 70 km
- 1interlocutor directo en toda a obra
- 0 €custa pedir orzamento
O que levantamos
Dende o cimento ata o tellado. Obras grandes e pequenas, co mesmo coidado.
- 01
Encofrados e estruturas de formigón
Piares, vigas, forxados, lousas e muros de formigón armado encofrados á medida.
Ver detalle - 02
Muros de contención, pedra e peches de fincas
Muros de contención, de pedra, de bloque e peches de finca que aguantan o paso dos anos.
Ver detalle - 03
Cimentacións, soleiras e movementos de terra
Zapatas, lousas, soleiras e saneamento: a base sobre a que se apoia todo o demais.
Ver detalle - 04
Obra nova e vivendas unifamiliares
Casas unifamiliares, ampliacións, naves, garaxes e alpendres, dende a cimentación ata a cuberta.
Ver detalle - 05
Reformas e rehabilitación
Reformas integrais, rehabilitación de casas de pedra, fachadas e tellados.
Ver detalle - 06
Albanelaría en xeral
Tabiques, fábricas de ladrillo e bloque, revocos, pavimentos e pequenas obras.
Ver detalle
Fiada a fiada
Unha obra constrúese igual ca un muro: cada paso apóiase no anterior.
- 01
Visita e medición
Imos á obra, escoitamos o que precisas, medimos e vemos o terreo.
- 02
Orzamento claro
Dámosche un prezo detallado por partidas, sen letra pequena.
- 03
Execución
Traballamos con prazos realistas, obra ordenada e un interlocutor directo.
- 04
Entrega
Repasamos contigo cada detalle e deixamos a obra limpa.
Dende Vedra, 70 km arredor
Traballamos en Vedra e en 160 concellos a uns 70 km: de Santiago a Pontevedra, da Coruña a Lalín e O Carballiño. Se a túa obra está un pouco máis lonxe, pregúntanos igualmente.
- Albanel en VedraA nosa base
- Albanel en Santiago de Compostela13 km
- Albanel en Teo7 km
- Albanel en Boqueixón6 km
- Albanel en A Estrada10 km
- Albanel en Touro18 km
- Albanel en Padrón16 km
- Albanel en Ames20 km
- Albanel en Silleda21 km
- Albanel en Vila de Cruces25 km
En obra
Do cimento ao tellado: así son os traballos que facemos cada día en Vedra e arredores.
O que máis nos preguntan
Facedes orzamentos sen compromiso?
Si. Pasamos ver a obra, medimos e mandámosche un orzamento detallado por partidas sen ningún custo nin compromiso.
Encargádesvos de obras pequenas?
Si. Ademais de obra nova e estruturas, facemos pequenos traballos de albanelaría: arranxar un muro, unha soleira para un alpendre, unha rampla, un tabique…
En que zonas traballades?
A nosa base está en Vedra e traballamos en 160 concellos nun radio duns 70 km: Santiago de Compostela, Teo, Boqueixón, A Estrada, Padrón, Ames, Silleda, Lalín, Caldas de Reis, Pontevedra, A Coruña, O Carballiño e moitos máis.
Axudádesme coa licenza de obra?
Orientámoste sobre se a túa obra precisa licenza ou comunicación previa no concello e colaboramos con arquitectos e aparelladores cando fai falta proxecto técnico.
Que tipo de muros construídes?
Muros de contención de formigón armado, muros de bloque, de pedra e mampostería, e peches de finca con muro e malla ou reixa. Tamén reparamos muros antigos.
Falamos da túa obra?
Chámanos ou escríbenos por WhatsApp. Respondémosche axiña e pasamos ver a obra sen compromiso.
- Empresa
- Construcciones Antonio Vila Durán
- Teléfono
- 615 08 21 85
- Base
- 15885 Vedra (A Coruña)






