Servizos

Albanelaría en xeral

Buscas un albanel de confianza preto de Vedra? Non hai obra pequena: tamén nos encargamos dos traballos de albanelaría do día a día, coa mesma seriedade que unha obra grande.

Levantamos tabiques e fábricas de ladrillo e bloque, facemos revocos e enfoscados, colocamos pavimentos e alicatados, e resolvemos reparacións que outros non queren coller.

Se non sabes moi ben o que precisas, pasamos a velo e dámosche unha solución e un prezo claros.

Muro de bloque de formigón en construción sobre zapata corrida, con artesa de morteiro e paleta
Muro de bloque de formigón

Tes unha obra en mente?

Cóntanos o que precisas e preparámosche un orzamento sen compromiso.

ChamarWhatsApp