Servizos
Muros de contención, pedra e peches de fincas
En Galicia case todas as fincas teñen desnivel, e un muro mal feito acaba empurrado polo terreo e pola auga. Construímos muros de contención e peches de finca calculados para o empuxe real do terreo e co drenaxe que precisan.
Levantamos muros de formigón armado, de bloque, de mampostería e de pedra, e tamén refacemos muros antigos que se abriron ou caeron. Coidamos especialmente o drenaxe do trasdós, que é o que evita a maioría das patoloxías.
Para peches de finca combinamos muro baixo con malla, reixa ou pedra vista, respectando a normativa municipal de alturas e recuamentos de cada concello.
Onde o facemos
Muros de contención, pedra e peches de fincas en Vedra, Santiago e comarca
Tes unha obra en mente?
Cóntanos o que precisas e preparámosche un orzamento sen compromiso.