Servizos
Encofrados e estruturas de formigón
O encofrado é o molde que lle dá forma ao formigón, e del depende que a estrutura quede a prumo, ben aliñada e co acabado que se espera. Levamos anos encofrando en obra muros, piares, vigas e forxados en toda a comarca de Santiago.
Traballamos tanto con encofrado tradicional de madeira como con paneis modulares metálicos, segundo o que pida cada obra: xeometrías irregulares, muros de gran altura ou elementos vistos nos que o acabado do formigón forma parte do deseño.
Encargámonos de todo o proceso: replanteo, montaxe do encofrado, colocación e atado das armaduras, formigonado con vibrado e desencofrado no prazo axeitado para que o formigón acade a súa resistencia.
Onde o facemos
Encofrados e estruturas de formigón en Vedra, Santiago e comarca
Tes unha obra en mente?
Cóntanos o que precisas e preparámosche un orzamento sen compromiso.