Servizos

Cimentacións, soleiras e movementos de terra

Unha boa cimentación non se ve, pero nótase durante toda a vida do edificio. Executamos zapatas, vigas de atado, lousas de cimentación e soleiras seguindo o proxecto e o estudo xeotécnico.

Coordinamos a escavación, o saneamento enterrado e as arquetas antes de formigonar, para que non haxa que romper despois. Tamén facemos soleiras para garaxes, naves, alpendres e patios, co seu mallazo, xuntas e pendentes.

Se a obra é unha ampliación ou unha construción xunto a outra existente, estudamos como apoiar sen comprometer o que xa está feito.

Onde o facemos

Cimentacións, soleiras e movementos de terra en Vedra, Santiago e comarca

Tes unha obra en mente?

Cóntanos o que precisas e preparámosche un orzamento sen compromiso.

ChamarWhatsApp